Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Vigo xa se pode adquirir comida de medio mundo

En Vigo xa se pode adquirir comida de medio mundo

A crecente inmigración chinesa ou iberoamericana trouxo a Vigo tendas que venden a súa comida

G24.gal 08/10/2025 21:07 Última actualización 08/10/2025 21:38

A crecente inmigración nas cidades galegas trouxo canda eles os seus alimentos e costumes.

Visitamos en Vigo dous establecementos que venden comida de case todo o mundo.

Medio cento de tipos de ramen, tamén para celíacos. Salsas tailandesas. Kimchi ou té matcha son só algúns dos produtos que se poden adquirir no Bazar Asia América da rúa Urzáiz, e  no Supermercado Rebeca da Gran Vía.

Nalgúns deles esgótanse as follas de plátano, ou a inca cola.

Ademais dos extranxeiros que viven canda nós. As modas da cociña xaponesa e peruana tamén levan ata esta tenda fans destas gastronomías.

Mandarinas chinesas ou mate de sabores ou "frijoles" cubanos ou plátanos para fritir son algúns dos produtos que se poden adquirir nestas tendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade