Récord de ocupación na Ribeira Sacra
Xullo pechou con máis de 8.200 prazas diarias ocupadas, a cifra máis alta dende que hai rexistros
Agosto arrincou coas reservas por riba do 87 por cento

O son das maletas é xa algo cotiá durante esta datas en Parada de Sil. Dende o Hotel O Balcón da Ribeira, Yolanda Jácome, subliña que teñen todo practicamente cheo dende xuño ata mediados de setembro.
Cifras que se repiten noutros establecementos da Ribeira Sacra. Xullo deixou unha ocupación media por riba do 80 por cento, con máis de 8.200 prazas diarias ocupadas fronte ás 6.400 do ano pasado. A ocupación superou nun 20 por cento as previsións iniciais que para este mes de agosto soben xa do 87 por cento. Dende A Reitoral de Parada, Paula Crespo, subliña que son sobre todo turistas nacionais que adoitan quedar varias noites, algúns mesmo ata unha semana.
Os que elixen esta zona, camiño de converterse en Patrimonio da Huminidade, fano pola súa natureza, paisaxe, gastronomía e patrimonio cultural.