Longas ringleiras en Vigo para coller o barco con destino ás Cíes
As navieiras esgotaron os billetes que ofrecen na semana do Pilar para saír dende Vigo e dende Cangas
A alta demanda e o bo tempo fan que se estenda a oferta de billetes ata finais de outubro
Celebrar o día do Pilar na praia é un privilexio, pero aínda máis para os que gozaron do sol nas illas Cíes. As navieiras sacan una oferta especial de billetes para estes días e non lles quedou ningún sen vender, tanto para os barcos que saían dende Vigo coma para os de Cangas.
Os que conseguiron mercar gozaron dun domingo espectacular nun dos paraísos naturais das Rías Baixas.
"Temos viaxes diarias ata finais de mes, polo menos".
"Dixéronnos que é unha illa cunhas praias moi bonitas e que mesmo en 2007 a praia de Rodas gañou un recoñecemento mundial por ser a máis bonita de todas".
A auga é moi bonita, podemos camiñar, facer actividades... Imos en grupo e ímolo pasar moi ben".
"Imos con alegría e bo humor, a ver que atopamos".