Publicador de contidos

Publicador de contidos

Betanzos enxalza o seu prato estrela durante a semana da tortilla

Betanzos enxalza o seu prato estrela durante a semana da tortilla

Catorce locais compiten no concurso que premiará a máis saborosa

G24.gal 12/10/2025 14:36

Hai moitos motivos para visitar Betanzos e sen dúbida un deles é probar a súa afamada tortilla. Catorce locais aspiran a elaborar a máis saborosa na semana da tortilla cos mellores produtos de proximidade e unha receita sinxela e tradicional.

A vinoteca Versalles é un dos aspirantes. Alí un grupo de estudantes italianos comparte a súa primeira tortilla betanceira. Na mesa contigua tamén se estrea na experiencia unha parella de Salamanca que está en Galicia de escapadela.

"Está moi rica, gústame. Probeina tamén en Santiago e na Coruña, pero esta é mellor". "Está crocante por dentro, pero despois moi soltiña, moi fluída e con moi bo sabor", coméntannos.

Saímos da vinoteca Versalles para achegarnos ao Casanova. Ás portas do restaurante dá boa conta dunha tortilla un grupo de amigos entregado a unha misión: catar as tortillas dos catorce locais que se presentan ao concurso este ano.

"Cada un di que a tortilla da súa nai é a mellor. Pero pode ser que esta estea máis rica que a da miña nai. Está moi rica".
"Non está crúa. Está pouco feita, pero non é unha tortilla que se esparexa nin moito menos".

Esa é precisamente unha das características da tortilla de Betanzos. Que o ovo quede un pouco solto non é do gusto de todos.

 "Dinme que lles dá cousa á vista. Eu dígolles que pechen os ollos e proben", di Marcial Agra, á fronte da Vinoteca Versalles.

Nos fogóns do Casanova elabora as tortillas Vanesa, sempre con produto de proximidade e de calidade. A materia prima importa tanto coma a man da cociñeira. A receita é sinxela: nada máis que ovos, patacas, aceite e sal. En Betanzos, o eterno debate non existe. Non se admite a cebola,
Os comensais poden votar pola mellor tortilla durante toda a semana. Cinco aspirantes chegarán á final. Coñeceremos a gañadora o próximo domingo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade