Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recta final de reservas para as ceas do Nadal

Recta final de reservas para as ceas do Nadal

Unha época esperada por moitos e un gran pulo económico para os restaurantes

Moitos establecementos chegan facturar nestas semanas ata un 25% do que fan todo o ano

Os menús máis comúns subiron este ano e oscilan entre os 45 e os 80 euros

G24.gal 23/11/2025 14:43 Última actualización 23/11/2025 15:21

Coas festas do Nadal ás portas, un dos ritos tradicionais é a celebración de ceas de amigos e de traballo. E aínda que os días máis solicitados son as últimas fins de semana de decembro, moitos restaurantes contan con todas esas datas xa reservadas.

"Nós funcionamos moi ben no Nadal, pero é certo que este ano todo comezou moi cedo, coa xente moi tola por reservar, por non quedar sen sitio, e a verdade é que moi contentos", conta Óscar Corral, xerente do restaurante Los Robles en Teo.

Estas datas constitúen unha cita social importante, pero tamén un revulsivo económico considerable para os restaurantes, que nestes días poden chegar a facturar ata un 25% de todo o ano.

"Estas datas constitúen unha cita social importante, pero tamén un revulsivo económico considerable para os restaurantes, que nestes días poden chegar a facturar ata un 25% de todo o ano", comenta Iván Nieto, xefe de cociña do restaurante A Casa da Viña en Santiago de Compostela.

Este ano os prezos tamén volveron subir con respecto aos menús, aínda que os restaurantes procuran ofrecer posibilidades á medida de todos os petos. Así atopamos un abano de opcións que van dos 45 ata os 80 euros, aínda que nalgúns casos a factura pode aumentar, dependendo das esixencias dos propios comensais.

E como a competencia tamén é dura, non deixan de aparecer ofertas diferentes, como a cea do peregrino en pleno conxunto histórico de Santiago, que ten reservadas as súas duascentas cincuenta prazas, pero que coa contratación de pernoctación permiten aínda participar nunha experiencia singular na última noite de 2025.

"É como unha gran familia-confesa Mari Carmen Furelos, directora da hospedaría "San Martín Pinario", en Santiago de Compostela-. Empezamos a cear todos xuntos, rematamos todos xuntos. É unha cea como unha gran familia, así o din os peregrinos. Hai dezasete anos que se fai e normalmente a maioría deixa a reserva dun ano para outro".

Aínda que os restaurantes confirman unha suba xeneralizada dos prezos, tamén aseguran que os clientes seguen respondendo, porque desfrutar dos amigos e da familia ben merece un sacrificio.

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade