Cargando resultados...
A demanda e o prezo do marisco caen nos mercados despois do Nadal
Pasada a celebración de Reis pódense atopar percebes, cigalas ou camaróns á metade de prezo
O peixe non baixou na mesma medida porque hai poucas capturas
G24.gal
08/01/2026 14:35
A resaca do Nadal faise notar nos mercados. A demanda de marisco cae en picado despois de Reis, e iso nótase nos prezos.
Canto aos peixes típicos das festas, a baixada non é tan notable por culpa do mal tempo.
E vese como o consumidor regresa aos clásicos do día a día.
O peixe cocido, que recupera protagonismo nos días posteriores á fartura, igual ca os postos de froita e verdura.
Coñécese que hai que recuperar o peto e o tipo. Polo menos unhas semanas, o tempo xusto para ir pensando nas paparotas do Entroido.