Os galegos somos os que menos tempo botamos para chegar ao traballo
Os desprazamentos da casa ao posto de traballo andan polos 20 minutos de media en Galicia, segundo un informe de RACE
En cidades como Madrid o tempo medio que botan os empregados para chegar ao seu posto laboral case se duplica
Eva tarda dez minutos a pé en chegar ao seu traballo.
"Para min son todo vantaxes, menos gasto, fas exercicio", di.
E aínda que poucas como ela poden ir camiñando, os galegos somos os que menos tardamos en ir da casa ao traballo. De media necesitamos uns 20 minutos por traxecto. No caso dos autónomos, a media rolda os 27 minutos. Os datos son dun informe do Club de Automobilistas (RACE).
"Eu tardo oito minutos". "Eu vivo no Milladoiro e veño cada día no coche", comentan dúas persoas.
Son distancias que semellan irrisorias para traballadores acostumados a moverse en cidades como Madrid, onde superaran os 36 minutos. Alí empregados por conta pasan case unha hora ao volante antes de comezar a xornada laboral.
"Eu non me vexo, demasiado estrés, son moi tranquila". "Eu son de Madrid e botamos unha hora de camiño". "Unha hora ir e outra regresar. Isto son uns vinte euros de gasóleo á semana". "Eu non podería, estou acostumada a facer traxectos moi curtos para todo que é unha marabilla", apuntan distintos traballadores.
Menos estrés e menor risco de accidentes. Os sinistros laborais in itinere ocasionaron 80 mortes en España no primeiro semestre do ano pasado.