Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home e unha muller resulta ferida grave nun accidente de tráfico ocorrido en Cuntis

Morre un home e unha muller resulta ferida grave nun accidente de tráfico ocorrido en Cuntis

O copiloto do turismo tivo que ser rescatado

G24.gal 27/11/2025 18:59 Última actualización 27/11/2025 19:47

Un home faleceu e unha muller resultou ferida de gravidade nun accidente de tráfico ocorrido na tarde deste xoves en Cuntis.

O sinistro produciuse arredor das seis da tarde á altura do km 219, en Troáns, cando un turismo chocou contra un camión.

Os ocupantes do turismo tiveron que ser liberados.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, Protección Civil, axentes da Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Cuntis.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade