Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen a exabadesa de Belorado e un anticuario por apropiación indebida de patrimonio histórico

Deteñen a exabadesa de Belorado e un anticuario por apropiación indebida de patrimonio histórico

Están investigados por delitos de apropiación indebida e receptación de pezas de carácter histórico

Arquivo Arquivo
G24.gal 27/11/2025 17:42 Última actualización 27/11/2025 18:33

A Garda Civil detivo este xoves a antiga abadesa das Clarisas de Belorado, Laura García de Viedma —sor Isabel de la Trinidad durante a súa vida relixiosa—, durante un rexistro no mosteiro de Santa María la Bretonera, na provincia de Burgos.

O irmán e avogado da exabadesa confirmou a detención e explicou que a comunidade e a familia permanecen en estado de shock, sen ofrecer máis detalles sobre as causas.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Burgos mantén aberta unha investigación por apropiación indebida de bens catalogados como patrimonio histórico do convento.

No marco destas actuacións, a Garda Civil detivo ademais un anticuario. 

A investigación comezou ao detectarse no mercado especializado de antigüidades varias pezas que poderían proceder do patrimonio histórico do mosteiro de Belorado. As pescudas céntranse en posibles delitos de apropiación indebida agravada e receptación. As actuacións seguen abertas e non se descartan novas intervencións.

As exrelixiosas aseguran que descoñecen o motivo do rexistro

A comunidade publicou pola tarde un vídeo na súa conta de Instagram en que explicou que a Garda Civil estaba a efectuar un rexistro por orde xudicial e que non tiñan información precisa sobre os motivos nin o alcance da actuación.

A portavoz indicou que ninguén as advertira da intervención e afirmou que resultou unha sorpresa. Engadiu que a comunidade sempre tentou cumprir as leis e colaborar coa autoridade cando foi requirida.

As exrelixiosas defenderon que non cometeron ningún delito e que non teñen nada que ocultar. Sinalaron que non comprenden como se chegou a esta situación sen establecer antes contacto coa comunidade para buscar unha solución menos aflitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade