O valor cultural e relixioso das cinco catedrais galegas
Os peregrinos destacan o valor da catedral de Santiago como símbolo da fin do Camiño
Galicia únese ao Día Internacional das Catedrais para poñer en valor a transcendencia cultural e relixiosa destes templos. A de Santiago é a de maior reclamo, como destino dos camiños da cristiandade, co Pórtico da Gloria como mostra máis relevante do románico, e baixo a declaración de Patrimonio da Humanidade, valores que destacan todos os visitantes cando chegan á praza do Obradoiro, fundamentalmente os peregrinos.
"Cando chegas aquí é impresionante se vés facendo o Camiño. É o primeiro que che chama á atención. Cando entras dentro a cousa cambia e sorpréndete a espiritualidade, a cultura que hai dentro tamén. Un pouco todo", di un camiñante.
"Eu valoro o edificio como unha obra de arte, desde o punto de vista arquitectónico e cultural", di outra.
Galicia ten outros catro templos, menos coñecidos polos turistas, pero que marcan a identidade das súas dioceses e das cidades e vilas onde se asentan: a catedral de Ourense, a de Lugo, a de Mondoñedo e a de Tui.