Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana do Patrimonio Invisible abre as portas do capital cultural oculto en Compostela

A Semana do Patrimonio Invisible abre as portas do capital cultural oculto en Compostela

Ofrece visitas a antigos coventos de clausura ou á rede soterrada dos mananciais que abastecían a cidade na Idade Media 

G24.gal 04/09/2026 14:02

A Semana do Patrimonio Invisible chega a Compostela a partir do luns e permítenos acceder ao que chamanos o Santiago intramuros. Achéganos a lugares, detalles e lendas descoñecidas, ao capital cultural oculto, desde as perspectivas menos habituais.

"Dentro deses espazos repetimos algúns que tiveron moito éxito outros anos, como poden ser as escavacións da Catedral ou os mananciais de Compostela, que tiveron un éxito rotundo. Pero tamén temos novidades como o convento do Carme, a igrexa das Orfas e dous espazos -o Museo do Pobo Galego ou o pazo de Bendaña- que aínda que están abertos ao público teñen aínda zonas descoñecidas", dixo Miriam Louzao, a concelleira de Capital Cultural de Santiago . 

Xa é a oitava edición deste programa, un dos que máis éxito ten. Había 700 entradas para visitas guiadas en grupos reducidos, esgotadas xa nos primeiros minutos de venda en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade