Lugares ocultos da concatedral de San Xiao ábrense na semana do patrimonio invisible
A visita permite coñecer a linguaxe das campás e mesmo abrir as portelas ocultas do templo ferrolán ou camiñar por riba das súas bóvedas
Da Galicia das sete provincias veñen as dioceses con sede compartida e a concatedral de San Xiao, con planta de cruz grega e estilo neoclásico.
"Chamámoslle patrimonio invisible porque o temos aí pero moitas veces non miramos para el. Dentro da concatedral hai imaxes que só saen en Semana Santa, como o Cristo Xacente de Manuel Corgo que está nunha urna pechada dentro dun armario. Hoxe ímolo abrir", conta Hadrián García, historiador e guía oficial de Turismo.
Descubrir a relevancia artística das imaxes da procesión do Santo Enterro, ou as tallas do Xiao e a Basilisa, que invitan a coñecer a curiosa historia destes santos casados e mártires, baixo a cúpula de media laranxa do altar maior.
Ningunha destas curiosidades desmerece a aventura de subir por unhas escaleiras feitas hai máis de trescentos anos.
"Imos ver a parte superior das cúpulas, normalmente só vemos a parte cóncava. Metémonos en canto recuncho hai, ata onde permita a seguridade. E imos entender un pouco como funcionaban os reloxos, cunhas pesas mecánicas, por gravidade, as que lle había da dar corda", detalla Hadrián.
E na Torre Sur, a fala da campás e estas excelentes vistas aos estaleiros e á trama ilustrada do barrio da Magdalena.