Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan unha campaña veciñal en Lalín para pedir a permanencia do seu cura

Lanzan unha campaña veciñal en Lalín para pedir a permanencia do seu cura

O ruxerruxe do traslado de don Marcos leva semanas circulando pola vila

Os veciños non queren que se vaia porque valoran a súa grande implicación social

Esta semana teñen previsto enviarlle as sinaturas recollidas ao bispado de Lugo

G24.gal 14/10/2025 14:30

"Que non se nos vaia don Marcos!". Este é o sentir máis repetido en Lalín nos últimos tempos, desde que saltou o rumor de que ía haber un cambio de cura.

Marcos Torres Gómez, é un cura novo que leva oito anos destinado na capital do Deza, de onde é ademais orixinario. Pero, amais desta vinculación de toda a vida, o que valoran os veciños é a súa implicación social a todos os niveis desde que está a fronte da parroquia.

Destacan que "é moi accesible", que dá apoio e asesoramento a inmigrantes e retornados e a calquera persoa que o precise e, mesmo que se prestou a coller as rendas do equipo de fútbol local, como presidente, nunha época na que estaba moi en crise a nivel económico e deportivo.

O párroco di que se limita a ser quen é, un sacerdote de hoxe, na realidade que lle toca vivir. E nese sentido lembra unha breve conversa que tivo co papa Francisco cando hai uns anos estivo con el en Roma: "se sempre un cura de amor e misericordia, e é unha das cousas que intento poñer en práctica cada día". 
 

O párroco di que leva a Lalín no corazón, pero que o seu labor é en toda a Igrexa O párroco di que leva a Lalín no corazón, pero que o seu labor é en toda a Igrexa

Aínda que din que don Marcos non o confirma, algúns fregueses aseguran que saben por outras fontes que o traslado vai ser inminente, e este domingo, despois da misa do Pilar, decidiron lanzar unha recollida de sinaturas para pedir a súa permanencia.

O voceiro do grupo veciñal que promoveu a campaña, Gumer Portas López, di que está tendo un grande apoio e que esta mesma semana lle van enviar as sinaturas ao bispado de Lugo para que reconsidere a decisión, no caso de que o rumor sexa certo.

Pero, pase o que pase, o fundamental, din, é que a Marcos lle quede claro que é profeta na súa terra: "Simplemente queremos que Marcos sinta a calor e o cariño de Lalín, recalca o voceiro dos veciños".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade