As novas receitas con polbo buscan o seu lugar nas cociñas galegas
Os restaurantes ofrecen pratos alternativos á preparación tradicional
Está claro que en Galicia a preparación do polbo que máis tradición ten é a de facelo á feira, pero cada día un maior número de restaurantes ofrecen alternativas a esta receita.
Facelo en empanada, en tortilla ou rebozado xa non soa raro, porque a innovación tamén chegou ás cociñas dos locais de hostalería e, tamén, aos fogares.
Visitamos dous restaurantes para que nos amosen que alternativas propoñen dende os seus locais. Empezamos no que ten Aurora do Carballiño en Lugo. Aquí, ademais de preparalo ao estilo clásico, faise en ensaladilla, ao allo ou á grella.
Na Fonte do Rei II, onde tamén o serven á feira, ofrecen outras receitas máis elaboradas, como a cazola de polbo con marisco.
Nos dous restaurantes aseguran que, unha vez que o cefalópodo xa está cocido, serve de base para, practicamente, calquera prato.