Publicador de contidos

Publicador de contidos

Contraste en Arteixo: un Macdonalds no xardín do restaurante máis tradicional

Contraste en Arteixo: un Macdonalds no xardín do restaurante máis tradicional

Os donos de El Gallo de Oro alugáronlle a parcela ao xigante da comida rápida

"Non competimos, convivimos e ampliamos a oferta na zona"

 

G24.gal 27/11/2025 14:18

Comer de prato ou coas mans. Unha robaliza ou un Big Mac. Todo depende do momento, do tempo, dos cartos e da porta pola que se entre nesta céntrica parcela de Arteixo.

A icona mundial da comida rápida e a icona local da comida tradicional comparten un espazo de contrastes e sabores para todos os gustos.

Lonxe do que poida parecer, os dous locais teñen boa veciñanza. De feito, foron os donos do histórico restaurante os que alugaron o seu xardín ao xigante americano.

Na rúa, o debate está servido. Mentres uns celebran ter máis as opcións gastronómicas na zona, outros temen que a comida rápida acabe desprazando os sabores tradicionais e os negocios de toda a vida.

Máis de 50 anos de gastronomía e un vello hórreo observan con curiosidade o acabado de chegar, que abre hoxe as súas portas cos nervios propios dunha inauguración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade