Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Black Friday é todo un desafío para as empresas de paquetería

O Black Friday é todo un desafío para as empresas de paquetería

As empresas de transportes enfróntanse ao maior desafío loxístico do ano para que milleiros de paquetes cheguen a destino a tempo

Os picos de repartimento poderán chegar aos 5,5 millóns de vultos diarios
 

Cada día circularán polas estradas de todo país unha media de 4 millóns de paquetes
G24.gal 27/11/2025 14:23

Mentres a maioría dorme, nos almacéns loxísticos o ritmo é frenético.

"A operativa empeza ás catro e media da mañá e ata as 9 da mañá ningún repartidor sae", conta Carolina Galarza, xefa de equipo GLS A Coruña.

Estas son as semanas de máis traballo de todo o ano para as empresas de paquetería que van mover ao redor de 125 millóns de vultos, dende agora e ata o Nadal.

"Podemos chegar a triplicar, se normalmente temos 5.000, a estas alturas do ano podemos chegar ás 12.000 máis ou menos", engade Víctor Álvarez, depot manager GLS A Coruña

12.000 diarios. Todo un éxito loxístico grazas á tecnoloxía e a unha organización minuciosa.

"Aquí chegan as furgonetas que veñen directamente dende Madrid, veñen, recúan na cinta e imos descargando unha por unha", explica Carolina.

Cada paquete pasa por un lector de etiquetas, pésase e mídese antes de entrar nas furgonetas de repartición.

"Nós temos uns estándares de medida e peso, que é o que poden levar os repartidores", continua a xefa de equipo do almacén.

"Cada repartidor ten asignada a súa zona, o seu código postal e imos clasificando", apunta Víctor.

Polo que vemos e nos contan moitos dos repartidores que traballan aquí é que cada un ten o seu sistema de organización dentro da furgoneta, como colocan os paquetes de maneira que despois sexa o máis áxil posible para repartilos. E para poder cumprir ese obxectivo hai que contratar persoal de reforzo. Tan só en Galicia o sector da loxística vai xerar ao redor de 6.200 novos contratos. Aumentan tamén as furgonetas de repartición.

"Poñemos axudantes aos que xa teñen para que vaian compaxinando con eles as entregas e poñemos furgonetas a maiores, nesta época do ano, pois como unhas 20 máis diarias", conclúe Víctor Álvarez.

Unha vez estibada a mercadoría, comeza a ruta. A maioría das entregas fanse a domicilio aínda que un 16 % dos consumidores optan xa pola fórmula do punto de recollida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade