Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta negocia co sector enerxético para entrar nos proxectos que se instalan en Galicia

A Xunta negocia co sector enerxético para entrar nos proxectos que se instalan en Galicia

Sería a través da sociedade mixta Recursos de Galicia

A oposición pide máis información e tamén máis ambición

G24.gal 27/11/2025 14:36

Recursos de Galicia xa se move co obxectivo de abaratar a enerxía, e por iso quere ser parte activa dos proxectos enerxéticos e mineiros que se instalen na nosa terra.  Pero os socialistas non o ven claro: "Un paso máis adiante cara a un non sabemos que, e sobre todo marcado por unha clara opacidade e por unha falla de transparencia absolutamente", criticou José Ramón Gómez Besteiro.

Críticas tamén do BNG: "Nós o que cremos é que hai que crear unha empresa pública que desenvolva unha parte dos novos proxectos que se poidan facer no noso país e defender ademais que os galegos e galegas temos dereito a ter unha tarifa máis barata", dixo Ana Pontón.

Os populares galegos cren que é unha boa oportunidade. "Nós cremos que é importante dar certezas e seguridade xurídica a todos estes proxectos industriais que son futuro para Galicia, e confiamos en que o Goberno galego a través de Recursos de Galicia está facendo o axeitado", salientou Paula Prado.

Ademais da Xunta, grandes empresas como Abanca, Ence e Gadis participan no capital de Recursos de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade