O Ourense C. F.-Rácing, derbi desta tarde na G2 (16:15 h)
O Ourense C. F. precisa a vitoria para saír da zona de perigo
O Rácing aspira a volver á zona de play off de ascenso
Esta tarde temos derbi galego na primeira federación e na G2. O Ourense recibe o Rácing de Ferrol a partir das catro e cuarto.
O Ourense está á beira do descenso tras perder co Barakaldo na última xornada. Sumou seis puntos dos últimos quince. Pouco mellor é o balanzo do Rácing de Ferrol. Con sete puntos nas pasadas cinco xornadas e dende o sexto posto da clasificación ten que agarrarse ás vitorias para volver meterse en postos de playoff. Para iso é importante a estabilidade e a mentalidade.
O técnico do Rácing, Guillermo Fernández Romo, "o equipo ten que ter mentalidade rica, que xeras as túas posibilidades, e sínteste imparable." Pola súa banca, Dani Llácer, advirte: "Eles son o mellor equipo xunto co Tenerife. Vai ser moi difícil, teremos que brillar a un gran nivel, e precisamos que a nosa afección nos tenda a man".