Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba do petróleo pon o foco nos biocombustibles elaborados con cereais ou aceites usados

A suba do petróleo pon o foco nos biocombustibles elaborados con cereais ou aceites usados

Os biocombustibles que se producen a partir de cultivos non son inmunes ao aumento de prezos polo conflito

Os expertos en biorrefinería buscan biomateriais para substituír outros derivados do petróleo como os plásticos ou os fertilizantes

G24.gal 14/03/2026 12:50

"Temos o bioetanol, que por exemplo en Galicia temos producción de bioetanol a partir de millo. Temos o biodiésel que se produce a partir de aceites vexetais, que poden ser os aceites que se recollen nos concellos. E temos tamén o biogás e o biometano que se prodcuen a partir de resíduos de carbono orgánico.", explica o profesor de enxeñaría química, Miguel Mauricio Iglesias.

Pero o encarecemento dos hidrocarburos non afecta só aos combustibles, senón a outros derivados do petróleo e o gas como os fertilizantes, os plásticos ou tecidos sintéticos. Dende hai anos os investigadores están a buscar solucións para producir biomateriais que substitúan estes derivados.

"Hai moitísima investigación que se está facendo a día de hoxe no que se chama biorrefinería. O que sería unha alternativa á refinería convencional de petróleo que a partir de materias biolóxicas e mediantes transformacións suaves seriamos capaces de obter non só enerxía senon tamén productos químicos, biomateriais, bioplásticos..." , engade Iglesias.

A día de hoxe os biocombustibles aínda non son unha alternativa viable aos hidrocarburos porque se producen en moita menos cantidade da que sería precisa para cubrir a demanda. Din os expertos que a clave está nun cambio de modelo enerxético.

"Esa alternariva ao petróleo e ao gas como fontes de enerxía hai que complementala coa electrificación. Co paso do uso de carburantes ao uso de equipos eléctricos."

Outro problema é a suba nos custos de producción. En España importamos un 85% das materias primas que se precisan para a fabricación de biocombustibles e a situación actual tamén está a encarecer tanto a producción como o transporte destas materias primas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade