Cargando resultados...
O Deportivo visita a un Ceuta moi forte no Alfonso Murube
O encontro (21:00h) chega cos dous equipos na parte alta da táboa
G24.gal
14/03/2026 13:35
O Alfonso Murube acolle un encontro de alto nivel. O Ceuta, un dos tres equipos con máis vitorias coma local da categoría, recibe o Deportivo, o mellor visitante de Segunda.
O partido ven marcado polas importantes baixas nos dous conxuntos como son as do segundo máximo realizador dos ceutíes, o ex deportivista Zalazar ou as de Mella e Yeremay, autores de quince dos corenta e catro goles coruñeses.
No encontro da primeira volta, o Deportivo impúxose por dous a un.