Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta asalta mañá o quinto posto do Betis na Cartuja (18:30h)

O Celta asalta mañá o quinto posto do Betis na Cartuja (18:30h)

A praza dos sevillanos podería dar acceso á próxima edición da Champions League

G24.gal 14/03/2026 14:07

Que tal, moi boas tardes. Entre a ida e a volta da Europa League, o Celta ten un compromiso na liga que tampouco é un trámite. Mañá visita ó Betis co quinto posto en xogo. 

Esta mañá, última sesión de traballo antes de marchar cara Sevilla. Para ese partido Claudio Giráldez deixou fóra da convocatoria a Cervi, Manu Fernández e Yoel Lago. E postos a pedir, o técnico ten claro o que quere.... que o Betis se centre na competición europea e se esqueza da liga. Así o indicaba Giraldéz entre risas: "Que se centre en Europa...ten moita experiencia xestionando estar en 2 ou 3 competicións. Non teño nada que dicirlle, podería dar un clínic", referíndose a Pellegrini.

O técnico analizou o encontro desde a cautela: "É un partido moi atractivo, precisamos os tres puntos para selar a permanencia e colocarnos de quintos. É difícil atopar unha motivación maior", indicou.

Sobre o Betis, Claudio teno claro: "Están nos oitavos de final, levan toda a temporada entre os cinco primeiros, e un plantel con moitos recursos. Levan catro partidos sen gañar, pero están afeitos a estas situacións, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar