Cargando resultados...
Ares e Chapela son os representantes galegos na ACT que comeza esta fin de semana
Este ano ten un comezo innovador: será o domingo en Loyoza, un encoro da serra madrileña
G24.gal
26/06/2026 13:56
Última actualización 26/06/2026 14:04
Esta fin de semana comeza a tempada de traiñeiras na ACT. Será o domingo en Loyoza, un encoro da serra madrileña. Un comezo innovador para unha liga en que, sen clubs femininos galegos, os nosos representantes son Ares e Chapela.
Terceiro ano seguido da Santa Olaia de Ares na elite do remo. Mantén o boque, pero rexuveneceu o equipo. O debutante será Wofco Chapela. É o actual campión galego e esta será a súa primeira experiencia na ACT.
Óscar Martínez: "O salto é moi grande psicoloxicamente: aquí pelexas por gañar, alí por estar abaixo".
Continúa co bloque de remeiros que logrou o ascenso.