Publicador de contidos

Publicador de contidos

A D. O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 4,6 millóns de quilos uvas recollidas, un 6 % menos

A D. O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 4,6 millóns de quilos uvas recollidas, un 6 % menos

O Consello Regulador subliña que a campaña conclúe "con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita

(Carlos Castro-Europa Press-Arquivo) (Carlos Castro-Europa Press-Arquivo)
G24.gal 15/10/2025 19:04

A Denominación de Orixe (D. O.) Ribeira Sacra pechou a vendima deste ano cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas, un 5,7 % menos que os 4.881.326 comunicados ao acabar a campaña de 2024.

Segundo informa o Consello Regulador da DO, a vendima deste 2025 pechouse o 9 de outubro, cun claro protagonismo das variedades tintas, con máis de 3,5 millóns de quilos e a variedade Mencía como maioritaria. As uvas brancas suman máis dun millón de quilo, con maior peso de godello.

O Consello Regulador subliña que a campaña conclúe "con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo e a singularidade da Ribeira Sacra".

Máis aló do predominantes mencía e godello, outras variedades recollidas son garnacha (91.284 quilos) ou albariño (61.893 quilos).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade