Os pementos de Mougán, moi apreciados na cociña, destacan por ser doces e carnosos
Reciben o nome desta parroquia de Guntín porque cando comezaron comercializalos había que levalos ata a estrada de Mougán para vendelos
A orixe da semente procede de Sudamérica, de onde a trouxeron os monxes
Esta fin de semana en Guntín celébrase unha festa dedicada a este produto, que ten IXP e se cultiva en todo o concello lucense
Son algo maiores que os de Herbón e máis carnosos. Comparten a súa orixe: trouxéronos os monxes desde Sudamérica. Cando comezaron comercializalos había que levalos á estrada de Mougán para vendelos, de aí lles ven o nome.
Os pementos de Mougán son apreciados na cociña. Tal e como os define José Gayoso, produtor deste pemento, "é carnoso e ten tres ou catro puntiñas, máis ben redondeado e doce".
Para os produtores é doado distinguir os pementos que pican. Manifesta José Gayoso que "os máis pequenos non acostuman picar".
Hai dez anos que están avalados por unha Indicación Xeográfica Protexida. Para probalos, nada mellor que asistir á festa que se celebra en Guntín na fin de semana.