Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por ferir a outro cunha botella en Santiago

Detido un home por ferir a outro cunha botella en Santiago

investigación estará baixo a policía nacional

Tres horas antes, na mesma zona, rexistrouse outra pelexa multitudinaria

G24.gal 31/05/2026 17:14

A policia local de Santiago detivo o presunto autor duha agresión cunha botella este domingo no ensanche da cidade.

Os feitos producíronse sobre as 14:00 horas na Rúa Fernando III O Santo, cando deu comezo unha liorta entre varias persoas.

Segundo fontes municpais, a pelexa acabou cun ferido leve por un botellazo. A persoa foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) en ambulancia.

A investigación estará baixo a Policía Nacional.

Liorta anterior na mesma zona

Tres horas antes, na rúa Fernando III O Santo, fronte ao pub Stilo, enfrontáronse seis persoas contra outra que rematou no chan onde quedou tendida. Segundo o Concello, non teñén conexión ambas as liortas

Segundo as testemuñas da pelexa os participantes estaban claramente perxudicados pola inxesta de alcol

Ata o lugar desprazáronse varias patrullas da policía. O corpo policial acabou identificando a dúas das persoas involucradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade