Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucía Freitas apadriña a presentación en Galicia do novo proxecto da Guía Repsol

Lucía Freitas apadriña a presentación en Galicia do novo proxecto da Guía Repsol

A plataforma Hacemos cocina pretende ser unha rede de colaboración entre os profesionais da hostalería

Na presentación, Lucía Freitas incluíu o proxecto das produtoras galegas Amas da Terra 

No acto di que inclúe a celebración do terceiro sol Repsol que acaba de recibir 

 

G24.gal 18/05/2026 15:16

O Xardín do Hostal Costa Vella de Santiago, o último proxecto hostaleiro da chef Lucía Freitas, é o marco escollido pola Guía Repsol para presentar en Galicia o seu novo proxecto, unha plataforma para os profesionais da hostalería. 

"Para min é marabilloso porque é unha escusa para xuntar a moitísimos hostaleiros e hostaleiras despois do terceiro sol que non o puiden festexar realmente".

Os responsables da guía gastronómica escolleron como anfitrioa á cociñeira compostelá, recoñecida con tres Soles Repsol e unha estrela Michelin, porque é tamén unha declarada impulsora das redes de colaboración entre profesionais. Un exemplo é o seu proxecto Amas da Terra, no que procura que as produtoras galegas poñan en valor o que fan.

"Fálase moitas veces da cociña de produto ou de mercado, pero Lucía vai máis alá e fala das produtoras que hai detrás diso".

Imaxe do audivisual xaponés sobre o proxecto Amas da Terra de Lucía Freitas Imaxe do audivisual xaponés sobre o proxecto Amas da Terra de Lucía Freitas

Desde Hacemos cocina, din que o obxectivo é que os hostaleiros poñan en común as súas experiencias. Busca precisamente iso, dar voz a toda esta comunidade que ten moito que achegar; son proxectos supercreativos, ao cabo únicos, recalca Elsa Dias, a responsable da plataforma Hacemos cocina.     

Amais da participación directa dalgunhas das protagonistas de Amas da Terra, coma a xerente de Galmesán, na presentación de Hacemos Cocina, Freitas incluíu o visionado do traballo que acaba de realizar con elas para o programa dun recoñecido divulgador gastronómico do Xapón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade