Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan nas colmeas galegas abellas resistentes a varroa

Buscan nas colmeas galegas abellas resistentes a varroa

A Asociación Galega de Apicultura pon en marcha este mes de xuño un programa para atopar abellas autóctonas resistentes a este parásito

G24.gal 31/05/2026 18:18

Na Asociación Galega de Apicultores parten da base de que en todo o mundo hai colonias de abellas resistentes á varroa, un parásito máis perigoso cá velutina e que leva décadas causando problemas.

"A varroase é quizais o problema máis importante a nivel mundial  e que provoca unha gran mortaldade de abellas. Este ano, en Galicia puido haber de media un 40% ou un 60% de mortaldade. Tamén en Asturias, en Portugal e en Castela", explica Gonzalo Calvo, veterinario da Asociación Galega de Apicultura.

O obxectivo do programa que se vai poñer en marcha en colaboración coa Deputación de Lugo, é buscar nas colmeas galegas abellas resistentes á varroa. Tamén que reúnan outras características como docilidade, producción e carácter hixiénico.


"Hai abellas que teñen unha sensibilidade hixiénica á varroa. Consiguen limpar específicamente celas que están parasitadas por varroa", di Gonzalo Calvo, veterinario da Asociación Galega de Apicultura.

Consideran fundamental atopar esas abellas, reproducir as colmeas e extender a resistencia á varroa na xenética da abella autoctona.

"A varroa obriga a facer un tratamento anual. Ás veces hai que facer ata catro. Estamos nun cículo vicioso de tratamentos co que iso significa de gasto, de tempo e de contaminación, nun produto tan natural como o mel. entón, hai que atopar esa abella, que a temos. Hai que buscala e multiplicala", detalla Gonzalo Calvo, veterinario da Asociación Galega de Apicultura.

A participación nesta acampaña está aberta a todos os apicultores sexan afeccionados ou profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade