Publicador de contidos

Publicador de contidos

A velutina e os incendios forestais feren de gravidade a abella en Galicia

A velutina e os incendios forestais feren de gravidade a abella en Galicia

O sector reclama solucións efectivas para acabar cunha especie invasora que xa eliminou boa parte das colmeas do litoral

G24.gal 04/10/2025 14:43 Última actualización 04/10/2025 17:20

Chantada acolleu este sábado un simposio sobre a vespa velutina, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, para abordar a situación da praga.

No litoral case non quedan produtores tras a desfeita provocada por esta especie invasora nas colmeas locais dende a súa chegada hai doce anos. 

Ademais, os incendios forestais deste mes de agosto empeoraron a situación, polo que o sector vive arestora un momento crítico.

En Galicia había unhas 120.000 colmeas rexistradas antes dos lumes. Os danos aínda se están a peritar, pero sábese que son moitos porque algunhas zonas quedaron arrasadas.

No simposio presentáronse as axudas ás que aínda se poden optar, catro liñas centradas nos bens e maquinarias, nas fontes de alimentación, na perda de produción e na morte dos animais.

Respecto á velutina, os produtores reclaman solucións efectivas que vaian máis aló do trampeo masivo, necesario pero insuficiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade