Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Día das Abellas reinvindica unha especie esencial para os ecosistemas

O Día das Abellas reinvindica unha especie esencial para os ecosistemas

En Galicia, onde hai 10.000 millóns de exemplares, prodúcense 3 millóns de quilos de mel cada ano

No noso territorio temos 200.000 colmeas e producimos uns 3 millóns de quilos de mel ao ano
G24.gal 20/05/2025 14:23

Galicia ten 200.000 colmeas que producen 3 millóns de quilos de mel cada ano. É unha gandería que ten importancia económica no noso país, como complemento de renda de moitas familias, e con cada vez máis xente nova que opta pola apicultura. Pero tamén ten un valor ecolóxico incalculable: que poidamos ter unha alimentación variada e saudable depende do labor de polinización que realizan estes bechiños pequenos.

"Ao mellor en cifras económicas somos pequenos, a nós gústanos dicir que somos os que temos máis cabezas de gando. Agora a maioría da xente está apreciando moito o mel", declarou Eva Seijo, técnica da Agrupación Apícola de Galicia

Tres millóns de quilos, que se producen cada ano en Galicia. Despois de seis anos de mingua, que os apicultores atribúen á velutina e ao cambio climático, a produción comeza a recuperarse no interior de Galicia, pero segue moi baixa na zona da costa. Pero hoxe é un día para reivindicar o papel esencial das abellas nos ecosistemas.  

 "Estamos para que sexa unha gandería que sexa rendible, que poida fixar poboación no rural, para que poidan seguir facendo ese traballo de polinización que permite, entre outras cousas, que poidamos ter unha alimentación variada", dixo Eva Seijo, técnica da Agrupación Apícola de Galicia.

Hoxe aprendemos que as abellas polinizan o 75 por cento das plantas con flor. Tamén que o mel de silva cristaliza por completo. E que o noso mel ten cada vez máis proporción de silva, e por iso cristaliza máis. Non está estragado. Todo o contrario. É un proceso natural que mantén todas as propiedades intactas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade