Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Casa do Mel de Goente celebra o Día Mundial das Abellas con obradoiros infantís

A Casa do Mel de Goente celebra o Día Mundial das Abellas con obradoiros infantís

Os nenos aprenderon o proceso e elaboración do mel e fabricaron candeas

G24.gal 18/05/2025 21:11 Última actualización 18/05/2025 21:52

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, celebrou por adiantado o Día Mundial das Abellas dun xeito moi doce, aprendendo os nenos a elaborar mel e, de paso, concienciando sobre a importancia vital que teñen estas polinizadoras no medio ambiente 

Os cativos participaron en todo o proceso. Primeiro retiraron a fina capa de cera que sela o mel e a continuación centrífugarono e coárono. Antes de envasalo, non puideron evitar probar un pouco. 

A cera das colmeas é outro dos produtos cos que traballan en Goente. As candeas que algúns botaron de menos na casa durante a apagada nunca escasean aquí. Fabrícanas artesanalmente e os nenos tamén fixeron as súas. Os máis mañosos, ademais, construíron un pequeno hotel para insectos.

Todos son conscientes do papel fundamental que desempeñan nos ecosistemas. O próximo martes é o Día Mundial das Abellas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade