Os incendios deixan centos de alvarizas queimadas e milleiros de colmeas destruídas
O sector da apicultura e un dos máis afectados polos incendios
A Xunta puxo á disposición dos apicultores terras gratuítas en que continuar o labor
A apicultura é un sector ao que os incendios lle fan moito dano, chegando a destruír todo o que ten un apicultor. Os números asustan, pois é un negocio valorado en 40.000 euros e, só unha colmea a plena produción conta con 50.000 ou 60.000 abellas.
Para José Antonio, un apicultor do monte de Laza, as perdas foron moi grandes. El tiña unha alvariza de 300 que contiña ata 70 colmeas das que só 20 quedaron en pé. As poucas abellas sobreviventes acabarán morrendo.
"Parece que están ben pero, a abella está tocada", asegurou José Antonio.
Coma el, moitos os apicultores de Ourense perdérono todo. A Xunta pon á súa disposición terras gratuítas dentro do banco de terras para que poidan seguir coa actividade.
Aínda así, para o sector a tarefa da reconstrución é unha etapa moi difícil polas condicións e traballos que se precisan, ademais do tempo que leva.