Publicador de contidos

Publicador de contidos

A produción de mel en Galicia minguará este ano previsiblemente polos incendios de Ourense

A produción de mel en Galicia minguará este ano previsiblemente polos incendios de Ourense

Ata agora, a previsión era igual as 300 toneladas do ano pasado

Os mellores anos recolléronse 600 toneladas de mel, segundo os datos da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia

G24.gal 16/08/2025 14:19

A extracción de mel das colmeas iniciouse na costa e en puntos do interior. Ata agora, a previsión era igualar ou mellorar un pouco a colleita do ano pasado, que foi de 300 toneladas. Moi lonxe de anos considerados bos nos que se colleu o dobre. A choiva estragou algunhas floracións pero, a cambio, atrasaron a aparición da temida velutina. Os incendios que asolan Ourense poden desbaratar todos os cálculos. Aínda é cedo para dispoñer de datos porque hai zonas onde os apicultores non puideron achegarse as colmeas.

"Os apicultores estiveron enviándonos estes días imaxes de colmeas queimadas. Vai afectar bastante e haber unha mingua de produción porque Ourense é unha das provincias con máis colmeas e apicultores profesionalizados e a produción de mel é bastante importante", di Esther Ordóñez Dios, presidenta da Indicación Xeográfica protexida Mel de Galicia.

Un problema máis a engadir a unha lista longa que leva anos causando estragos: velutinas, varroa, cambio climático e a competencia de meles de fóra, moito máis baratos pero de menor calidade.
 

"Xa sabemos que somos o que comemos polo que a calidade é moi importante e no caso do mel está garantida pola IXP de Galicia, controlado desde a colmea ata o punto de venda e o prezo non é tan alto. Unha vez que ven esa contraetiqueta xa non teñen que estar buscando", explica Esther Ordóñez Dios, presidenta da Indicación Xeográfica protexida Mel de Galicia.

Ademais, o mel ten múltiples aplicacións, tamén en cosmética,  polo que tratan de diversificar a producción investigando novos produtos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade