Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Vilariño de Conso, en Ourense, un dos cinco que continúa activo

O incendio de Vilariño de Conso, en Ourense, un dos cinco que continúa activo

Dende Medio Rural consideran que o lume evoluciona favorablemente

Outros dous focos, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa, quedaron estabilizados pola actuación dos equipos de extinción

G24.gal 23/08/2025 15:00

En Vilariño de Conso, ao oeste da provincia de Ourense, a luz do día amosa con crueza a destrución do lume. O de Vilariño é un dos cinco focos que permanecen activos en toda Galicia. Reactivouse hai unha semana, para xuntarse coa fronte de lume do incendio de Chandrexa de Queixa, e segundo a información  da consellería de Medio Rurall, continúa activo na parroquia de Mormentelos, áinda que evoluciona favorablemente.

Parte da evolución favorable do incendio obedece á establización dos focos de Parafita e Requeixo, xa no concello de Chandrexa de Queixa, segundo información da consellaría. O lume, que se iniciou hai dúas semanas, arrasou xa con dezanove mil hectáreas.

"Cheos de fume, todo pechado e abrías as fiestras e toda a cinza para a casa", comentaba unha das veciñas da zona sobre a experiencia tan drámatica vivida estes días.

A despregadura de medios para tratar de combater este lume suma xa máis de dúascentas brigadas, e unhas sesenta aeronaves, entre helicopteros e avións, ademais de contar coa presenza da Unidade Militar de Emerxencias. 

Na provincia de Ourense continúan activos outros dous lumes: o de Larouco, que afecta a varios concellos da comarca de Valdeorras, e no que se estima arderon trinta mil hectáreas, e o de Carballeda de Valdeorras-Casaio con tres mil hectáreas.

O lume levou por diante en Galicia xa preto de noventa mil hectáreas dende que se iniciou a vaga de incendios.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade