Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entra na fase previa á estabilización o lume de Quiroga

Entra na fase previa á estabilización o lume de Quiroga

Na provincia de Lugo continúa activo o incendio de Carballedo

G24.gal 23/08/2025 14:15

Despois de oito días ardendo e logo de dez mil hectáreas queimadas, un terzo da superficie de todo o concello, o incendio de Quiroga entra na fase previa á súa estabilización, unha calma tensa con temor a que haxa novos conatos coma o que onte á tarde obrigou a desprazar medios aéreos.

Empézanse a avaliar danos e a veciñanza lembra o terror que pasaron estes días, como nos contaron na aldea de Vilar de Mondelo, un lugar no que habitualmente viven catro veciños e onde a súa pedánea, Ana Nogueira, explicaba: "Vímonos totalmente rodeados polo lume, sen poder nin sequera fuxir, xa que a única estrada que hai de acceso está toda incendiada e non se podía atravesar".

No resto da provincia segue activo o lume de Carballedo, cunhas sesenta hectáreas queimadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade