Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre as súas portas en Lugo o Arde Lúpulus 2025

Abre as súas portas en Lugo o Arde Lúpulus 2025

Na feira da cervexa artesá participan produtores locais e de todo o ámbito estatal

Asistentes á feira degustan cervexa e comida na feira
Félix Aragunde 05/09/2025 19:36 Última actualización 05/09/2025 20:49

Os amantes da cervexa artesá teñen unha cita no Arde Lúpulus 2025, xa aberto ao público na luguesa praza da Horta do Seminario.

Na feira participan produtores galegos, entre eles da propia cidade de Lugo, e de todo o ámbito estatal, presentes nunha decena de postos. Cada un deles ofrécelles aos asistentes a degustación de distintas variedades artesanais desta bebida.

"Nós, Bubela, temos seis estilos diferentes. Unha loura estilo alemán, unha torrada estilo inglés, unha IPA versión lucense, unha cervexa negra, premiada o ano pasado como a mellor de Galicia, e unha negra con licor café", enumera Francisco Fernández, produtor local de cervexa artesá. 

Para probar as cervexas, cómpre adquirir un vaso da feira a modo de entrada, pero isto non é preciso para os postos de comida. Son media ducia de foodtrucks con arepas, cachapas ou hamburguesas gourmet.

Ademais de cervexa artesá e de diversos postos de comida, na feira lucense tamén haberá concertos e obradoiros ata que peche o domingo á noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade