Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Feridas 25 persoas nun bar en Vallecas que estourou por unha concentración de gases
O edificio, que ten vivendas na parte superior, quedou danado
                
                    
                        Os bombeiros no interior do local. EFE/Emerxencias Madrid
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            13/09/2025 17:27
                        
                        
                                Última actualización 14/09/2025 14:20
                        
                        
                    
                    Polo menos 25 persoas quedaron feridas, tres delas en estado grave e dúas potencialmente graves, tras unha explosión rexistrada no bar Mis tesoros da rúa Manuel Maroto do distrito madrileño de Puente de Vallecas.
O estourido, que se produciu sobre as tres da tarde, destruíu parte do portal e unha parede do bar, e afectou tamén o edificio de vivendas situado enriba do local. Segundo informa o voceiro dos bombeiros de Madrid, unha "concentración de gases" provocou a explosión.
A retirada dos cascallos tivo que se facer a man para evitar riscos. A inestabilidade da estrutura impediu introducir maquinaria.
 Visión exterior do edificio danado. EFE/Emerxencias Madrid
                                            Visión exterior do edificio danado. EFE/Emerxencias Madrid
                                     
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        