Cargando resultados...
Castroverde queda sen o último forneiro que facía pan artesán, xa que non atopan remuda
Agapito Gil levaba vinte e cinco anos cocendo nun forno que ten máis dun século de vida
Ademais de facer o pan tamén o servía os clientes polas aldeas
Durante 25 anos Agapito estivo á fronte deste forno
G24.gal
12/09/2025 19:24
Última actualización 12/09/2025 19:36
Durante 25 anos, Agapito estivo á fronte deste forno que acaba de apagarse. Era o único panadeiro artesán que quedaba en Castroverde. Con el desaparece un oficio que, de momento, non ten remuda.
O forno onde traballaba ten máis dun século de vida. Aínda conserva a calor da última fornada, esta mesma semana.
Con experiencia, tempo e dedicación, durante 25 anos forneceu de pan artesán os veciños de Castroverde.