Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos en Galicia, Tenerife e A Gomera por un alixo de 1.600 quilos de cocaína

Detidos en Galicia, Tenerife e A Gomera por un alixo de 1.600 quilos de cocaína

Na operación Silbo hai preto de 30 investigados 

G24.gal 12/09/2025 18:33

Preto de trinta persoas figuran como investigados nunha operación contra o narcotráfico e o branqueo de capitais que se desenvolve desde o mércores en Santa Cruz de Tenerife.

Os arrestos producíronse non só na capital tinerfeña, senón tamén na Gomera e en Galicia.

Fontes da investigación sinalan ademais que tamén hai implicados noutros lugares da Península.

Entre as persoas detidas hai un empresario hostaleiro, un avogado e un asesor fiscal.

A denominada operación Silbo iniciouse a primeiras horas do mércores cunha gran despregadura policial, helicóptero incluído.

Os axentes da Garda Civil e de Aduanas da Axencia Tributaria rexistraron diversos inmobles na illa.

Espérase que as declaracións dos imputados no Xulgado número 3 capital tinerfeña se prolonguen ata a madrugada.

A operación está relacionada co transporte de 1.600 quilos de cocaína procedentes de México. Foi a DEA a que detectou  no verán do 2024 a embarcación que a trasladaba cara ás Canarias. O barco foi interceptado en mar aberto antes de transvasar a mercadoría a embarcacións máis pequenas. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade