Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casa Gallardo en Mos cumpre 120 anos

Casa Gallardo en Mos cumpre 120 anos

Seguen servindo os xoves o lacón con grelos que xa facía a tía Romana

Un negocio que dure 120 anos
G24.gal 10/09/2025 20:40 Última actualización 10/09/2025 21:14

Nestes tempos efémeros e de cambios constantes raro é ver un negocio que dure 120 anos. É o caso de Casa Gallardo en Mos, o decano dos restaurantes da bisbarra de Vigo.

Un clásico que ofrece case as mesmas comidas que en 1905 e que triunfa tamén pola xenerosidade coa clientela desde que Perfecto Rodríguez o avó do actual propietario o fundase tras chegar de Arxentina.

O local tamén organiza concertos por aquí pasaron Cuchús Pimentel, Os Carunchos ou Mini e Mero ou La resaca de Massiel.

O local rexéntao agora Waldo Rodríguez. Moitos asiduos aínda lembran o polo estofado e as luras guisadas que facía tía Romana, o lacón con grelos aínda se serve os xoves.

A comida caseira e clásica semella ser a clave do éxito deste establecemento. Ademais da xenerosidade dos seus donos que nos malos tempos daban de comer a quen pasaba fame. 

A barra ábrese  ás seis cos repartidores e a cancela bótase contra a unha e media cos últimos da noite. Aquí conviven nenos con octoxenarios. Nalgún tempo tivo tamén fonda e semella seguir tendo futuro cando comezou o transporte circulaba en carros de bois e agora por aquí pasan coches eléctricos.

Ao pé da vella Nacional 120, cando se ampliou, botouse abaixo o edificio vello pero a casa de comidas nunca deixou de funcionar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade