Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil intensificará a vixilancia viaria en Xermade, onde houbo seis vítimas mortais

A Garda Civil intensificará a vixilancia viaria en Xermade, onde houbo seis vítimas mortais

Ao longo de todo o ano producíronse cinco accidentes graves en varias estradas deste concello lucense 

Usuarios da vía consideran que presenta bo estado e non é excesivamente sinuosa 

A DXT e a Garda Civil van intensificar a vixilancia da seguridade viaria en Xermade
G24.gal 10/09/2025 20:55 Última actualización 10/09/2025 21:10

En Xermade levan a conta das vítimas que causou a estrada este ano. Comenta unha veciña de Roupar, preto de onde se rexistraron algúns dos accidentes, que houbo "catro nesta vía e outro na que vai a Vilalba".

Máis complicado é atopar unha explicación de por que os accidentes se concentran nesta zona. Indican algúns usuarios que a vía está en bo estado e que se pode atribuír a despistes. 

Mesmo hai un radar, pero non semella medida suficiente.

A DXT e a Garda Civil van intensificar a vixilancia da seguridade viaria en Xermade, especialmente nas estradas provinciais 540 e 861, onde se concentran os accidentes mortais. 

Haberá patrullas a diario, controis de velocidade, probas de alcol e drogas e unha atención especial a condutas de risco como  adiantamentos antirregulamentarios ou o uso indebido do teléfono móbil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade