Cargando resultados...
Un mozo de 23 anos falece ao envorcar o coche no que viaxaba en Lugo
O condutor do coche quedou ferido no sinistro que se produciu na parroquia de Ombreiro
Estado no que quedou o coche. FOTO: Garda Civil
G24.gal
25/10/2025 13:29
Última actualización 25/10/2025 13:51
Un mozo de 23 anos faleceu este sábado nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 11:00 horas no lugar da Ponte, na parroquia lucense de Ombreiro.
Segundo informa a Garda Civil, o vehículo no que viaxaba de copiloto foise da vía pola marxe esquerda e logo envorcou no quilómetro 7,5 da estrada LU-P-2902.
O condutor do coche, un Peugeot 307, quedou ferido.