Cargando resultados...
Comezan a levantar a duna en Riazor para facer fronte aos temporais
As escavadoras empezaron a acumular a area que chegará ata os dous metros de altura
G24.gal
27/10/2025 15:53
Ese luns comezaron os traballos para montar a duna de area nas praias de Riazor e O Orzán, unha barreira que se fai todos os anos para protexer o paseo marítimo da chegada de auga do mar coas mareas vivas ou dos temporais máis duros do inverno.
As escavadoras moven a area e vana acumulando ata alcanzar unha altura duns dous metros.
Curiosamente, os traballos leváronse a cabo este luns cun día practicamente primaveral. A previsión é que a duna estea en pé ata ben entrada a primavera. Despois será retirada para preparar a praia para a temporada de verán.