Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba case cinco millóns en axudas para 46 concellos afectados polos incendios

A Xunta aproba case cinco millóns en axudas para 46 concellos afectados polos incendios

Vai asinar convenios coas entidades locais, que van recibir apoios para cubrir os gastos que tiveron eles e os veciños durante as tarefas de extinción e tamén para reparar os danos nas infraestruturas e bens municipais

G24.gal 27/10/2025 15:16

A Xunta de Galicia acaba de aprobar case 5 millóns de euros en axudas para os concellos afectados polos incendios deste ano. Nos próximos días, a Xunta vai asinar convenios con 46 entidades locais, que van recibir apoios para cubrir os gastos que tiveron eles e os veciños durante as tarefas de extinción e tamén para reparar os danos nas infraestruturas e bens municipais.

Así o anunciaba logo do consello da Xunta o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade