Publicador de contidos

Publicador de contidos

Voluntarios de toda Galicia traballan en cinco zonas castigadas polos incendios deste verán

Voluntarios de toda Galicia traballan en cinco zonas castigadas polos incendios deste verán

Están repartindo palla e sementando trigo para combater as escorrentías de cinza ás captacións de auga

Os voluntarios esparexen herba seca no monte para evitar as escorrentías
G24.gal 25/10/2025 18:23

Voluntarios de toda Galicia traballan simultaneamente en cinco zonas castigadas polos incendios deste verán. Están repartindo palla e sementando trigo para combater as escorrentías de cinza ás captacións de auga. Un traballo de recuperación tras o lume no que a Xunta inviste cincocentos mil euros.

A localidade de Santa Baia de Montes, en Cualedro, é unha das zonas onde están actuando os voluntarios. Neste concello arderon este verán oito mil hectáreas, o setenta por cento da superficie. Agora, o risco son as escorrentías de cinza que ameazan as captacións de auga para consumo.

Manuel Allegue, coordinador dos voluntarios, explica cales son os traballos que realizan. Primeiro sementan trigo e, sobre o gran, esparexen palla para suxeitar o terreo nas zonas máis danadas polo lume.

Esta acción, na que colaboran a Consellería de Medio Ambiente e a Dirección Xeral de Xuventude, arrincou simultaneamente en cinco puntos dos máis castigados polos lumes deste verán: na serra do Invernadoiro e nos concellos de Chandrexa, Manzaneda, Vilamartín e Cualedro.

Continúa tamén a repartición de alimento para a fauna das zonas afectadas polo lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade