Adeus ao sorriso máis famoso do camión: morre Oti Cabadas
Nun sector tradicionalmente copado por homes, Cabadas fíxose un oco a base de moitas horas de traballo e conseguiu a fama publicando en redes vídeos sobre o seu día a día no camión
Morre aos 41 anos a camioneira galega Oti Cabadas.
Natural de Fornelos de Montes, Oti converteuse nunha cara coñecida polos seus vídeos en Instagram.
Nun sector tradicionalmente copado por homes, Cabadas fíxose un oco a base de moitas horas de traballo e tamén de comunicación.
Nos seus vídeos comparteu moitas anécdotas da súa vida na estrada e gañou o cariño de moitos compañeiros de profesión.
A Confederación Española de Transportes de Mercadorías lamentaba este luns o seu falecemento.
"Oti foi un exemplo para todos nós, non só pola ledicia que transmitía coa súa mirada, senón pola paixón coa que viviu a súa profesión" dixeron nun comunicado en redes sociais.