Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comer na oficina si, pero sen descoidar a saúde

Comer na oficina si, pero sen descoidar a saúde

A dietista-nutricionista Fátima Branco destaca que as cantidades adoitan ser máis reducidas

Saen a diario unhas corenta comidas
G24.gal 10/09/2025 20:22 Última actualización 10/09/2025 20:49

Da cociña de Manuela saen a diario unhas corenta comidas para quen come no seu lugar de traballo.

"Levan moito para oficina e tamén para colexios que teñen quenda de tarde e veñen aquí tamén a coller", explica Manuela Teijeiro, propietaria e cociñeira da tenda La Cocina de Manuela da Coruña.

Manuela ofrece menú completo ou medio menú no que non faltan verduras, pastas, peixe ou carne. Outra opción é levar a comida da casa. Quen o fai di procurar unha alimentación sa.

Comer no traballo tamén pode ser unha vantaxe. A dietista-nutricionista Fátima Branco destaca que as cantidades adoitan ser máis reducidas. Con todo fai unha advertencia:

"Se comen na oficina que non estean traballando. Que sexa un momento de desconexión, liberación, descanso e comer paseniño porque se non a dixestión é peor e pode haber problemas de gases".

Outra recomendación que dá esta profesional: evitar os envases de plástico e se se quente a comida que se faga nun recipiente de vidro.  Comer na oficina, si, pero sen descoidar a saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade