Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o home que sufriu a explosión dunha bombona de butano na súa casa en Marín

Falece o home que sufriu a explosión dunha bombona de butano na súa casa en Marín

G24.gal 10/09/2025 19:28 Última actualización 10/09/2025 21:43

Morre o ancián que sufriu unha explosión dunha bombona de gas na súa vivenda de Marín.

O suceso ocorreu este pasado martes contra ás 13:45, na rúa Méndez Núñez, no centro da vila.

O home tivo que ser evacuado por unha ambulancia con urxencia debido a queimaduras no seu corpo.

No momento puido saír polo seu propio pé, pero tivo que ser ingresado a causa da gravidade das súas feridas.

Finalmente acabou falecendo ás catro da tarde deste mércores.

Lembramos que o accidente feriu ademais unha persoa que camiñaba nese momento pola rúa. 

Tamén provocou numerosos danos materiais. A onda expansiva destrozou as ventás e numerosos obxectos que estaban no interior da vivenda acabaron esparexidos pola rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade