Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un temporal de auga e vento azouta Cataluña, provocando inundacións e cortes de estradas

Un temporal de auga e vento azouta Cataluña, provocando inundacións e cortes de estradas

As chuvias tamén van afectar nas próximas horas á Comunidade Valenciana

As chuvias obrigaron a cortar, ata o momento, catro estradas locais de Cataluña
G24.gal 13/09/2025 20:18

Así chovía durante a tarde deste sábado en Barcelona, e non era o lugar máis afectado pola tormenta que azouta a maior parte de Cataluña desde este xoves.
Estoutras imaxes mostran as consecuencias do temporal na localidade de Begur, en Xirona.
As intensas chuvias deixaron ata o momento rexistros inéditos no territorio catalán, con medias de 26 litros de auga por metro cadrado en só cinco minutos, acompañados nalgúns puntos por ventos de ata 95 quilómetros por hora.

Tres estradas cortadas en Barcelona e unha en Xirona

A situación obrigou a cortar catro estradas locais, afectadas por desprendementos, tres delas na provincia de Barcelona e a cuarta na de Xirona. Tamén tiveron que interromper a circulación do tren entre as estacións de Martorell e Abrera.

Protección Civil de Cataluña mantén activada desde o xoves a alerta do Plan Especial por Inundacións, xa que a situación pode ir a peor durante as próximas horas na metade norte e no litoral do centro e norte de Cataluña.
Os bombeiros do goberno catalán atenderon nas últimas horas máis de setenta avisos relacionados co temporal, e o teléfono de emerxencias 112 recibiu desde o xoves pola noite máis de 160 chamadas.

O temporal tamén afectará nas próximas horas á Comunidade Valenciana

O temporal desprázase tamén á veciña Comunidade Valenciana, onde a Axencia Española de Meteoroloxía activou un aviso amarelo por chuvias intensas durante o que queda de fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade