Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obrigan o Concello de Vigo a garantir que o ruido de Nadal non vulnere os dereitos dunha veciña

Obrigan o Concello de Vigo a garantir que o ruido de Nadal non vulnere os dereitos dunha veciña

O TSXG esíxelle garantir que na zona da rúa Areal, onde reside a veciña, os niveis de ruído "non pasen os limiares fixados na normativa vixente"

G24.gal 31/10/2025 16:35

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da sentenza na que condenou, en maio de 2024, ao Concello de Vigo por vulnerar os dereitos fundamentais á intimidade persoal e familiar e á inviolabilidade do domicilio dunha veciña do Arenal polo ruído provocado durante a celebración do Nadal do ano 2022-2023

Os maxistrados da sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG decretaron entón que o Concello adoptase “as medidas necesarias” para evitar “a reiteración da súa conduta lesiva dos dereitos fundamentais” e para garantir “que os niveis de ruídos exteriores e interiores non pasen os limiares fixados polas normas aplicables”.

Ademais, impuxéronlle o aboamento dunha indemnización de 600 euros á demandante polos danos ocasionados, que xa fixo efectiva.

Na sentenza, notificada este venres, a Sala estimou o recurso de apelación interposto pola afectada contra o auto do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo que declarou executada a sentenza firme do TSXG.

Polo tanto, ordenou a continuación da execución da sentenza, “que se cinguirá exclusivamente á condena á entidade local a garantir que, na zona onde reside aquela veciña, os niveis de ruído non pasen os limiares fixados na normativa vixente”.

A sentenza non é firme, pois cabe interpoñer recurso de casación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade