Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A choiva deixa máis de 53 litros por metro cadrado en Santa Comba
En Rois e Oia acumuláronse máis de 40 litros por metro cadrado
 A cidade da Coruña, na mañá deste venres
                        A cidade da Coruña, na mañá deste venres
            
                            G24.gal
                        
                            31/10/2025 11:12
                        
                        
                        
                        
                    
                    A choiva deixou 53,7 litros de auga acumulados por metro cadrado na estación de medición de Fontececada, en Santa Comba (A Coruña).
Ademais, outros municipios da provincia, como Rois, acumularon 42,4 litros, uns valores similares aos 40,9 litros por metro cadrado ao que se chegou en Oia, Pontevedra.
Na xornada deste venres, a costa e parte do interior das provincias da Coruña e Pontevedra permanecen en aviso amarelo por acumulación de choiva e ondada.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
                 
            
                